"Baal" era o nome dun deus non definido; era, por antonomasia, nome propio dunha divinidade que personificaba os fenómenos naturais como a fecundidade, a vexetación, a choiva, o vento, etc. Son numerosos os epítetos de Baal como expresións locais de culto: "Baal-saphòn" (é dicir, Baal do Norte); "Baal-marpè" (ou sexa, Baal da curación); "Baal-zebhùb": é dicir -e agora debemos recordar a obra de Golding-, Baal das moscas, xogo de palabras sobre "Baal-zebul", cuxo significado é Baal o príncipe.
O culto de Baal, severamente prohibido pola relixión oficial, entremétese no pobo israelita desde a súa entrada en Canán ata o desterro. Os profetas loitaron contra tal culto.
Todo o anterior é información extraída do "Diccionario bíblico" de F. Spadafora (Editorial Litúrgica Española; Barcelona, 1968).
Pero antes de rematar, dúas ou tres cousas: En hebreo, "ba^al" significaba "señor, amo". "Baal" era un nome colectivo dos deuses paganos. En diversas ocasións o culto a Baal seducíu aos israelitas. Podemos agora retomar o dito antes sobre as expresións "Baal-zebhùb" e "Baal-zebul" e comparalas coa palabra... "Belzebú", esa vella coñecida túa...
O culto de Baal, severamente prohibido pola relixión oficial, entremétese no pobo israelita desde a súa entrada en Canán ata o desterro. Os profetas loitaron contra tal culto.
Todo o anterior é información extraída do "Diccionario bíblico" de F. Spadafora (Editorial Litúrgica Española; Barcelona, 1968).
Pero antes de rematar, dúas ou tres cousas: En hebreo, "ba^al" significaba "señor, amo". "Baal" era un nome colectivo dos deuses paganos. En diversas ocasións o culto a Baal seducíu aos israelitas. Podemos agora retomar o dito antes sobre as expresións "Baal-zebhùb" e "Baal-zebul" e comparalas coa palabra... "Belzebú", esa vella coñecida túa...
4 comentarios:
Pero, ¿por que prohibir o culto a un Deus que personifica fenómenos tan necesarios como son a fecundidade, a vexetación e demáis, e así mesmo tan afastados da maldade?
Quizáis a similitude entre zebul (príncipe) e zebhùb (mosca) foi empregada pola xente a modo de burla, ou tamén debido ó feito de que ó realizar os sacrificios para rendir culto ós deuses (en condicións non moi hixénicas) as moscas acudían ó lugar, e ahí a asociación co deus.
Penso que ó autor elixiu este título para cargar todavía máis a historia de simbolismo e ambigüidade, presente xa na primeira frase que chega ó lector.
Antes de nada, gracias polo teu comentario. Por partes, se che parece:
Cando se fala na entrada da prohibición á que fas referencia, se fala do pobo israelita en concreto, e hai que recordar que tiñan a súa relixión e o seu Deus, Iavé. Podes, se queres, buscar información na rede sobre Baal, e sobre Baal en relación coa cultura xudea, e ver...
Por outra parte, a relación entre os mitos e os insectos en xeral, e entre os mitos (deuses e relixións) e as moscas en concreto, repítese en moitas culturas -tamén nas americanas-, e é de esperar que Golding estea a xogar con esta simboloxía. Outra vez, se buscas na rede "moscas e mitos", ou "insectos e relixións", ou algo parecido, aparecerá información moi variada, que terás que seleccionar, claro, pero na que sen dúbida atoparás cousas de escaso interese e cousas de auténtico interese, incluida algunha sorpresa que outra.
Polo demais, a verdade é que a relación entre moscas e literatura xa ven de atrás: as moscas de Antonio Machado, a mosca do conto de Katherine Mansfield, tan chejoviano, as moscas do escritor e filósofo Jean-Paul Sartre...
En calquera caso, non olvides ter en conta tamén as etimoloxías dos termos, e os xogos de palabras que xeran ou suxiren.
Sexa como sexa, non deixes despois de compartir aquí connosco os esultados dos teus descubrimentos e hipóteses, por favor. Un saúdo.
Tómome o permiso de citar aqui algo que encontreí nunha páxina que fai referencia a este tópico:
"El señor de las moscas, es Baal Zebut, Dios pagano que se transformaría ni más ni menos que en Belcebú, demonio de orden mayor que junto a otras siete personificaciones demoníacas se les atribuyen los pecados capitales. A Belcebú le toca la gula… y no por nada Holding usa la figura gráfica de la cabeza de un cerdo como la ofrenda que presentan los niños a la bestia de la Isla."
(http://cinecinecine.com/index.php/2008/04/18/la-isla-de-belcebu/)
Realmente o por qué do xogo de palabras entre "zebul" e "zebhùb", é dicir, entre mosca e príncipe, non o acabo de comprender. Refírome a se as duas palabras poden relacionarse entre si dalgunha forma, aínda que sea antitética.
Se o Señor das moscas é o belzebú e este representa os pecados capitales, non sería normal supoñer que para o autor esta sería a mellor forma de expresar unha parte fundamental do que é o home? Os pecados que nos levan a cometer erros, a falta de disciplina que nos leva a guiarnos polo mundano, o terrenal, o carnal. Os nenos acaban comportandose de maneira salvaxe, sen disciplinas, sen ningunha guía, é dicir que se vencen ante o poder do mal, ante o propio señor das moscas, o príncipe do mal?. Como dice esa pequena cita, o feito de que o señor das moscas sexa una cabeza de cerdo, según como eu o entendo ten un dobre sentido.
Por unha parte, faría referencia ó pecado capital da gula, que se ve plasmado en todo o libro, a necesidade case obsesiva de Jack e os seus cazadores de conseguir carne, de buscar comida a como de lugar, poñendo a caza por enrriba do propio rescate da illa.
Por outra parte, é una cabeza dun animal morto, algo que se pudrirá, e que será aprobeitado polas moscas, é a perfecta imaxe de algo que será cuberto de moscas.
Esta é a miña forma de comprendelo, pero sendo unha obra tan simbólica, cada quen o pode entender dunha maneira diferente, non? mentras máis hipóteses teñamos, poderemos chegar a algo máis concreto.
despois de ler o libro cheguei a conclusion de que para o autor, que lle da unha gran importancia aos simbolos, o señor das moscas, é dicir, cabeza do cerdo rodeada de moscas, simboliza a agresividade dos nenos, a súa transformación en salvaxes, mostrándonos como son capaces de matar a un animal con tal de sobrevivir.
Pero non só son capaces de matar ós animais, son capaces, incluso, de matarse entre eles.
Neste libro o demonio queda reflectido no cerdo, que mostra como acabou apoderándose dos nenos, que se convertiron en seres sin piedade.
M
Publicar un comentario