lunes, 25 de febrero de 2008

El señor de las moscas


Un grupo de nenos queda illado tra-lo ataque dun avión inimigo nunha Terceira Guerra mundial, formándose pouco a pouco dous bandos na illa con diferentes líderes: Ralph, que intenta manter a cultura democrática recibida, e Jack, que representa unha volta ao primitivismo. A partir de aí esta fábula préstase a multiples interpretacións.
A nosa idea non é sen embargo pedir aos lectores que busquen informaciones sobre tales interpretacións, senón que estas veñan da propia lectura de cada un deles, e dialogar a partir de aí sobre cuestións éticas, a diferencia entre mentalidade máxica e a racional, a condición humana (¿ou Golding diría "natureza humana" ?) en relación coa agresividade humana e a cuestión de se é innata ou aprendida, a política (democracia, movementos políticos antiilustrados), etc. Pero todo iso, ou calquera outra cousa, deberá nacer da propia lectura e interpretación dos lectores..... en principio.