lunes, 28 de abril de 2008

Simon & Roger

Ralph, Jack e Piggy son desde logo personaxes de primeira importancia, claro. Pero Simon por un lado, e Roger polo outro, son tamén imprescindibles para o seguimento da historia. Ambos son, cada un á súa maneira, extraños caracteres. Merece a pena ter en conta, pensamos, a evolución de cada un ao longo da novela:
a) Simon; serie de esceas (páxinas): 89-93; 148-150; 186-7; 216-7; 223-4; 232-3; 241-243; 244-248; 257-260.
b) Roger; serie de esceas (páxinas): 98-102; 267-269; 294-296; 302-304; 306.
A nosa idea -esperamos que non demasiado mala- é que unha relectura destas dúas series axudará talvez a comprender mellor o modo de ser e a evolución de ambos rapaces e, por conseguinte, a ler a novela máis en profundidade... Os diálogos de Simon co Señor das Moscas non teñen desperdicio, e a relación de Roger coas pedras tampouco carece de interese...

(Nota: As páxinas, claro é, correspóndense coa edición especial en Alianza Editorial do ano 2006, en tapas duras, na colección "El libro de bolsillo 1966-2006", que comemoraba os corenta anos da colección orixinal. Esa edición especial é a que utilizamos neste club de lectura. Pode ser que a numeración das páxinas sexa distinta en outras edicións de "El libro de bolsillo" de Alianza).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Simon e Roger son personaxes moi peculiares e que despertan moita intriga xa que non logras comprender a súa forma de actuar e as cousas que lles pasan pola cabeza. Simon chamoume a atención xa que en ocasiones separábase do grupo e recluíase no interior da illa, polo que parecía que non estivese moi interesado en socializar ou simplemente estar cos demais, non obstante, cando fala co Señor das Moscas da a entender que está moi preocupado pola situación do grupo, as desavinzas e pelexas...e de feito bótase a culpa a él mesmo, como se fose o monstruo. En realidade non logrei entender por completo esa conversa e paréceme unha das partes mas importantes e enrevesadas da historia. Tal conversa de onde veu? Da mente de Simon? Foi un soño? Ou deberíamos trasladarnos a outro mundo? Sexa como fose, non deixa de ser algo simbólico que dá moito que pensar.

Anónimo dijo...

Está claro que os personaxes que dominan a historia e o seu avance son sen dúbida Ralph, Jack e Piggy, pero asimesmo tanto Simon como Roger exercen a súa influencia sobre a trama, aportando ese toque misterioso e desconcertante e captando desa maneira o interese.

Simon é o máis calado e reflexivo de todos os nenos, ó que máis lle custa falar cos demáis e dar a súa opinión, pero é o que primeiro chega á conclusión de cal é o peligro real e de que é o mounstruo.

Roger é un neno que vai gañando importancia a medida que avanza o libro. En sucesos finais convértese nun personaxe bastante a ter en conta, pois protagoniza accións realmente significativas.

Biblioafonso dijo...

K. V.?: Non entendo que queres dicir con iso de que "e de feito bótase a culpa a el mesmo, como se fose o monstruo." ¿Podes ser máis concreta? Polo demais, creo de verdade que unha relectura seguindo as páxinas marcadas nesta entrada pode botar un pouco máis de luz sobre o comportamento e a personalidade deste personaxe, Simon, na miña opinión un dos máis interesantes da obra. ¿Non cres, por exemplo, que alomenos ás veces, Simon parece coincidir coa visión ou a voz do autor?
En canto ao comentario II, anónimo, en xeral estou de acordo, claro, pero, ¿cal é ese "perigo real"?, ¿que é "o monstruo", en realidade, ou para Simon?
Ambos comentarios, o de K.V. e o anónimo, parécenme moi interesantes, non só polo que afirman ou suxiren, senón polo que darán de si no futuro, espero. Animádevos: este blog é voso (e dos que queiran sumarse, que serán igualmente benvidos).
Un saúdo ás dúas (e a calquera que estea aí).

Anónimo dijo...

En canto ó meu comentario de que Simon bótase a culpa a el mesmo, refírome a que na conversa que mantén co señor das moscas, se a miña memoria non me falla, o señor das Moscas cúlpao da situación dos nenos na illa, e o propio Simon non se refire a el mesmo como un "monstruo"?

É como dice o anónimo: "pero é o que primeiro chega á conclusión de cal é o peligro real e de que é o mounstruo" ...

Pode ser que Simon se dera de conta que o único perigo que había na illa eran eles mesmos? os mesmos nenos...os humanos. Son os que se poñen en perigo entre eles mesmos.

"¿Non cres, por exemplo, que alomenos ás veces, Simon parece coincidir coa visión ou a voz do autor?" Definitivamente, Simon pode ser quen reflicta a idea do libro... a idea da propia natureza humana e de como nos destruímos a nos mesmos?

Anónimo dijo...

A pesar de que os pricipais protagonistas eran Ralph, Piggy e Jack; Simon, o máis calado de todos é un persoaxe de gran importancia.
Gracias as súas escapadas á selva e as súas coversas, podemos ver como é o que primeiro se da conta de que o monstruo son eles mesmos, que non hai ningunha besta que os vaia a atacar, senón que eles mesmos son o perigo.
Aquí cómprese a frase de:"O home é un lobo para o home"

M